sábado, 6 de septiembre de 2014

O LOBO YE A OVELLA

O lobo ye a ovella



Por ahí abaxo temos un muín que ten un prado grande o lado. Ye había unha ovella con un cordeirín pastando eilí. Com o nya se facía de noite, o cordeirín desconfiaba qaue iba vi-lo lobo ye decíalle a mai:
- Vamos madre que vai vi-lo  lobo
Ye a ovellaq dicíalle
-Pace, pace outro pouquichín
Ye a ovella veña comer, veña comer...Cuando pasaba un pedazo, o cordeirín outra vez
-Vamos madre que vai vi-lo lobo
-Pace, pace outro pouquichín
Ye así hasta que chegou o lobo. Entonces botáronse a correr, pero a ovella douse conta de que o lobo corría máis e díxolle o lobo:
-Mira agárrate ahí o rodesmo do muín, e eu bótoche o cordeiro po-la canal
Bueno, o lobo foi e abrazóuse  o rodesmo de muín; ye entonces a ovella en vez de botarlle o cordeiro botóulle a auga.
Entonces o muín empezou a dar voltas, a dar voltas...ye o lobo:
-¡Para bailón se queres ou non
 para bailón se queres ou non
para tgarabelo
e se non que te levo o demo!
Hasta que morreu eilí o lobo dando cabezadas contra as paredes do muín.

Alfredo Poncelas, 61 años, octubre 1990, Villar de Acero (Ayto Villafranca del Bierzo)