EL CANTAR DEL CARRO
El cantar del carro: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?page_id=80
El canto del carro y los materiales
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
http://www.digalego.com/
http://www.estraviz.org/
Procura imaxes desas árbores no seguinte enderezo:
http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
3.- Nunha das cantigas propostas utilízase unha figura retórica que a converte en humorística. Identifica a cantiga, a figura e trata de explicalas. Para iso deberás ter en conta as características dalgúns materiais.
Podes usar o libro Arte literaria de Claudio RODRÍGUEZ FER ou algún libro de texto que trate a cuestión das figuras retóricas, tropos, etc.
4.- Realmente todas as cantigas propostas, menos unha, son variantes dunha única. Analiza formalmente calquera delas indicando medida, rima e ritmo.
Si queres que o carro cante _ _´_ _ _´ _ _´ _
como o do teu veciño, _ _ _ _ _´ _ _´_ a
bótalle o eixe de freixo _´_ _ _´ _ _ _´_
e as treitoiras de sanguiño. _ _ _´_ _ _ _´_ a
Hidratación. O canto do carro por métodos endóxenos.
9
Se queres que o carro cante,
móllalle o eixe no río
e despois de ben mollado
canta como un asubío.
(Ribadeo)
10
Carriño, ti cando cantas
é cando levas máis peso,
e o teu cantar o leva
o ventiño mariñeiro.
11
Si queres que cante o carro,
si queres que o carro cante,
si queres que cante o carro,
a paga págalla diante.
(Ourense)
12
Se queres que o carro cante,
bótalle o eixe de freixo;
se queres que o amor che veña,
dálle talladas de queixo.
(Melide)
Se non se ten oportunidade de cambiar as pezas, sempre se pode facer cantar o carro por outros métodos, tal e como se recolle nas cantigas anteriores.
8.- Explica cales son os métodos alternativos para facer cantar o carro e avanza unha interpretación para cada unha das cantigas.
9.- Entre as anteriores, unha das cantigas, de carácter máis lírico, organízase como un apóstrofe, explícao.
Explica igualmente que connotacións pode ter a cantiga; poderíase interpretar metafórica ou simbolicamente? Indica, de ser o caso, os termos literal e figurado.
10.- Cal pode ser a función das figuras reiterativas ou paralelísticas que se advirten na cantiga 11? Aventura unha explicación. Pódese relacionar con outras formas de expresión popular?
12.- O foco da cantiga 12 xa non se sitúa sobre o canto do carro.Que se considera nela?
13.- A cantiga anterior (12) é antitética coa frase feita "contigo pan e ovo". Redacta un texto
(150 palabra aproximadamente) onde deas conta das ideas que se manexan nos dous
produtos de creación popular
Curiosamente, segundo o progreso ía conformando o territorio como hoxe o coñecemos e as máquinas, carros automóbiles e demais enxeños se ían apoderando das nosas cidades, vilas e aldeas, o renxer do carro foise sentindo como máis molesto, por iso hai quen quere que o carro non cante.
Así o conta un visitante:
(...)Un francés declarou en certa ocasión que os galegos refusan o progreso e hai moitos feitos que apoian esta opinión, inda que non sexa a verdadeira, xa que o preservar o que se demostrou excelente non implica rexeitamento do progreso. O galego acaróase ao seu primitivo carro de bois, con forma de barca ou espoleta, con rodas de madeira sólidas e sen radios, que non dan voltas sobre o eixe, teñen medias lúas, en recordo do culto primitivo á lúa, e chían e xemen dunha maneira tan abouxante que, cando pasan polas vilas, os paisanos son obrigados pola lei a silenciar as rodas con xabón, debido a que están soamente adaptadas para os camiños difíciles e pedrallentos da montaña (congostras); e o arado de madeira, só con ferro na punta, acáelles moi ben aos solos lixeiros e pouco fondos de moitas zonas.
Aubrey F.G. BELL : Galica vista por un inglés La Voz de Galicia, 2005 Páxina 22 e 23
E así o recolle a nosa lírica popular:
13
Si qués que o carro non cante,
miña prima Manoela,
si qués que o carro non cante,
bótalle sebo coa vela.
(Coruña)
14.- Podería agachar algún significado oculto esta composición número 13? Explícao.
[1] X. LORENZO FERNÁNDEZ: O carro no folclore de Galicia. Museo do Pobo Galego, Santiago 2003
El canto del carro y los materiales
1 Se queres que o carro cante bótalle o eixe de bido, as traitoiras de carballo i os croucós de sanguliño. (Esgos) |
2 Si queres que o carro cante como o do noso veciño, bótalle o eixo de loureiro e treitoiras de sanguiño. (Mariñas) |
3 Si queres que o carro cante como o do teu veciño, bótalle o eixe de freixo e as treitoiras de sanguiño. (Melide) |
4 Se queres que o carro cante como a gaita do gaiteiro, ponlle o eixe de freixo i as entortas de amieiro. (Fonfría) |
5
Se queres que o
carro cante
como a gaita do gaiteiro, ponlle o eixe de plata i estreitoiras de amieiro. (Gudiña) |
6
Si queres que o carro cante como o do teu vicín, ponlle o eixe de nogal, treitoiras de sangumín. (Vilachá de Cancelada) |
7
Se queres que o carro cante como a gaita do gaiteiro, bótalle o eixe de bido i as treitoiras de amieiro. (Noceda) |
8
O meu carro pide un eixo, eu non sei de qué botarllo. Bótallo de sabugueiro, cantarache ben o carro. (Ulla) |
Aunque a muchos, sobre todo foráneos (Maior W. Dalrymple, J.
Borrow, Dembowski[1], ...) les haya parecido irritante y molesto el
ruído que producen ciertas piezas del carro al friccionar unas contra las
otras; en el imaginario gallego, y no sólo el rural, el arro CANTA. Este canto
es motivo de orgullo y satisfacción para sus dueños, quizás porque un carro
cargado connota abundancia.
1º- Identifica na
parte de tecnoloxía (Partes do carro) as pezas do carro que interveñen na produción do seu cantar
segundo as cantigas populares recollidas por Xaquín Lorenzo: eixe, treitoiras,
coucóns, entortas.
2º.- Segundo este
grupo de cantigas, o segredo do cantar está nos materiais empregados. Procura
no dicionario definicións para as distintas árbores que se indican
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
http://www.digalego.com/
http://www.estraviz.org/
Procura imaxes desas árbores no seguinte enderezo:
http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
3.- Nunha das cantigas propostas utilízase unha figura retórica que a converte en humorística. Identifica a cantiga, a figura e trata de explicalas. Para iso deberás ter en conta as características dalgúns materiais.
Podes usar o libro Arte literaria de Claudio RODRÍGUEZ FER ou algún libro de texto que trate a cuestión das figuras retóricas, tropos, etc.
4.- Realmente todas as cantigas propostas, menos unha, son variantes dunha única. Analiza formalmente calquera delas indicando medida, rima e ritmo.
Si queres que o carro cante _ _´_ _ _´ _ _´ _
como o do teu veciño, _ _ _ _ _´ _ _´_ a
bótalle o eixe de freixo _´_ _ _´ _ _ _´_
e as treitoiras de sanguiño. _ _ _´_ _ _ _´_ a
Sílabas | ||||||||||
Versos |
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
Distancia
|
|
1
|
(2)
|
5
|
7
|
(2)32'
|
||||||
2
|
5
|
7
|
52'
|
|||||||
3
|
(4)
|
7
|
(4)3'
|
|||||||
4
|
3
|
7
|
34'
|
5.- Establece a
voz lírica e quen é o destinatario. Unha delas presenta un esquema distinto;
procúraa e explícaa.
6.- Establece o
esquema da invariante que dá lugar ás múltiples versións e despois elabora un
texto de 150 palabras, aproximadamente, onde expoñas como imaxinas que naceron
estas cancións, cal sería a súa finalidade e como podes explicar que en lugares
tan distantes entre si se repitan as
mesmas composicións. Ten en consideración que se vivía na época dos carros, non
das autoestradas.
7.- Seguindo o
esquema expresado na pregunta anterior crea unha cantiga similar que se refira
non ao carro, senón ao automóbil ou ao ordenador.