miércoles, 17 de septiembre de 2014

A cova da Bramuda 10



Cuntan que na terra
dos maragatos, fai mutos centos de anos que tiña un rey moro unha filla muy
feita e noviña , e que levávala con él
siempre de campamento en campamento, cuando taba guerreando no Bierzo.
Facía esto porque
quería casala cun príncipe,fillo do
vello Califa de Damasco, pra que cuando morrera,facerse él o
Gran Califa de todolos moros. Tendo a
princesa con él non había peligro de
que se namorara de ningún outro.

Un día do Abril doulle o rey moro de subir pola ribeira do
Burbia pra facerse ca terra dos astures que a  defendía pros cristianos o rey Pelayo e que lle dixeran que era rica
en ouro. Así que foi conquistando a Somoza e os Ancares e collendo presos os
máis rebeldes, entre os que había un vilarego que tiña fama de bon mozo e
mellor guerreiro.

Xa taban acampados
no que ahora son As Liñares e tiñan o vilarego atado con cadeas a un rebolo,
pra que morrera de fame e de sede si non lles decía ónde taba a xente que
escapara polo monte. Cuando xa non podía resistir máis, a noite véilo a filla do rey e préndase dél.

 Dalle
auga a escondidas e tamén unha cazola chea de moras do monte . Pídelle
o carceleiro as chaves e sóltalle as
cadeas, e xuntos marchan a pe do ríu,
ca intención de xuntarse cos outros que taban escondidos no pico do monte de
Tardelo, pasada a Campa do Pradairo, cuando marcharan os
moros pra volver as súas casas e os sous traballos diarios.

Polo que fai a ela,
como castigo de haberse xuntado co mozo
infiel, tiña que matála, pero como,  o cabo, era a súa filla, pernodóulle a vida. Mais ca axuda do mago que
sempre levaba tamén con él, condénala a ser culebra por siempre



Deixándolle nun
sitio secreto da cova todas as  xoyas e riquezas  que levaba, ca disculpa de que lle pesaban muto pras batallas e que xa
volverían por elas, despóis de vencer  ó Pelayo. E  é que ascasí tiña pena pola
filla e consentíu que o mago lle fixera un novo encanto: unha vez cada ano bisesto, no mes de Abril, podera saír e tar na entrada
da cova todo un día. E o faría na forma
dunha muller rubia e muy guapa,pero que vería sólo por un ollo.

E déixalle
unhas tixoras pra que pudera cortarse o pelo e as uñas que seguiríanlle crecendo inda en forma do reptil.
Todol os tesouros podía regalarllos a quen quixera mais as tixoras era o único do que
non podía desprenderse. Asi taría como
culebra (un día cada 4 anos como muller) hasta que un xabarín blanco a bicara no ollo cego o día que a
vira na súa forma de muller.Entonces xa non volvería a forma de culebra.

Polo que fai a él, dóullo o sou visir pa que o degollara, mais éste era compasivo e
conseguíu en secreto que o mago o convirtera en xabarín blanco dicíndolle que volvería a súa forma
de home cuando vira unha moza cega dun ollo e pudera bicarllo.

De non ser así
seguiría por siempre como inmortal xabarín blanco. O mozo en cuanto se viu
xabarín trotou fozando polos prados de Trabado cara o riu de Teixeira que
baixaba por eilí cerca.


Pasaron anos e na primaveira do primeiro bisesto, acertóu a
pasar polo lado da cova un cazador camposo que iba poñela súa trapela nos
montes do Crespo. Encóntrase con aquela muller rubia na entrada da coba que lle dice:

-Cazador, dóuche o que me pidas de todo o que teño na cova
(e fáille ver as xoyas ) si me traes vivo un xabarín blanco.

A
tardiña preséntase xa o camposo co xabarín blanco, atado polo pescozo e non
conocendo as xoyas  e non sabendo pra que servirían as outras  alhaxas ,
pídelle as tixoras. Polo menos servirían pra cortar a  corda e deixarlle o xabarín blanco

Ela non ten mais remedio que darlle as tixoras, pois tiña
que cumplir a palabra dada.

Mais de repente dándose contas que tería que ser por siempre
culebra, poíse como unha furia, cuntándolle o camposo toda a historia. E desesperada,córrelo a cantazos e cuando xa o camposo pensaba que morría,
chegóu o camin de Vilar, e vota a correr deixando a muller que, como xa non
había sol,volve a facerse culebra e
marcha pra cova, espantando o xabarín que pérdese outra vez polo monte
arriba.



O camposo cunta todo o que lle pasara no día e desde entonces cada cuatro anos, na primaveira,pasa polas cercanías da Bramuda por ver si dan co xabarín blanco
e poder conseguir acertar co escondite das riquezas  da Cova da Mora da
Bramuda.