viernes, 2 de diciembre de 2011

Conto celta

O XENIO DA LIBERTAD

 Fai muto tempo que nas terras dos montes de Ancares , onde os nublados envolven a xente , vivía un guerreiro co pelo muy largo color do ouro, corpo axeitado nin alto nin baixo ye que gastaba no inverno unha pelica de ovella blanca como a neve.

Chamábase Itug ye siempre levaba unha espada no cinto ye a gaita no lombo. Ye cuando con ela tocaba a defensa, todos os homes poñíanse en pé tal si foran quiados a morte mais noble: a que os leva a Grande Verdad.

No Chao do Cimeiro víanse grandes fogatas prendidas ye a xente do pueblo bailaba o redor. Era a Festa da Lugenasad . Itug dende lonxe miraba na noite esos lumes, esa festa ofrecida pros Astros ye a Terra. Os druidas sentados o lado da xente non falaban e taban serenos. Eles eran os guías de todas as tribus do Castro.

Os bardos tocaban muiñeiras facendo que o aire vibrara nas follas dos altos pradairos.

Había iu-ju-jus dos galaicos ye astures ye a sidra corría, ye xuntábanse todos nun máxico grupo.

Itug o guerreiro recorda aquel tempo en que él ca sua moza bailaban nas danzas dos ritos da Sega e da Terra nos Solsticios de vrau.

Ahora mantíñase sólo por gusto, mais sabía que andaba na ruta da Santa Verdad , despois de alearse cas xentes de fora que rezaban nos templos de pedra ye vivían nos modos paganos ye nas falsas ye hipócritas formas...

Levaría esa lutia a súa xente polo medio dos vellos negrillos hasta un , despertar cunha nova magnífica alba dun mundo na paz ye irmandad.

A Itug lle costaba de crer que eses homes s de pra aló das montañas rezaban a dioses que erab feitos por eles en casas de mármol en contas dos rezos nos montes, no castro, nos ríus, ou nas fontes, que son as iglesias da paz sin fronteiras onde os bravos guerreiros eran levado nas rodeiras de estrellas ó Cielo nas claras noitiñas dende o medio do corro de pedras.

O sabido maiestro Aibrub, o Gran Druida, un anciano guerreiro, enseñóulle o respeto por todas as vidas, tamén as das herbas pequenas, ye sempre a seguir ye con todas as cousas o que enseña a Natura. Ye si habíía de coller algúa cousa da misma, debía volverllo aunque de outroan maneira ó sou peito materno.

Mais non crían así aqueles homes de praló das montañas, quenes non respetaban nin rebolos nin chopos, ye facían grandísimos templos e luxosos palacios pros sous reis ye sous papas.



Así nun poderán achegar as verdes pradeiras onde tá o verdadeiro principio de todas as formas, pois o sacro elixir namáis brota no fondo común con todo ser vivo.

Itug sinte un ruido que lle recordou outro tempo en que houbera lutia fiera ye cruenta, cuando a súa muller facía frente os que nos invadiran o Castro. Taba enriba no monte ye cuando baixou víraa xa moribunda no prado das Moas….



Cascos dos asturcones resoaban arimándose o castro ye víuse a espada de Itug no claror das fugueiras ye soubo que xa lle chegara a súa quenda. Os druidas levantáronse chamando polas forzas do vento, dos teixos , das encinas ,dos negrillos, dos castañeiros, dos robles...

Todos os homes van a unha a chamada dos druidas ye cas cuirazas de ferro forradas con pel de becerro saíron pra aló a Pena Alta, facendo chocar as espadas, as fouces, os mazos, os machados ye as rodelas de ferro.

Ye o Xenio da guerra entróu neles ó sentir o tocar dos tambores ye cas gaitas retumbando nas paredes dos montes camposos ye das Escaleiriñas , ye chamando dende enriba a pelexa pola sua Libertad hasta ter dulce morte.



Taban xa no peor da batalla ye sintiron que non era rencor nin instinto de dominio nin morte. A voz imperiosa da terra chamaba pola volta de algúis. As espadas baixaban como rayos ye a sua forza espantóu ós de fora acabándose a lutia.

As lexióis forasteiras sintiron todo o poder do Esprito de Lugh . Ye fuxiron a escape polo valle do Burbia sin parar hasta os vados do Sil.



Cuando o Sol a mañá ya alumaba muy cedo , sentírase un canto que en facéndose grande toda xente se xuntaba no corro. Non cantaban Vitoria nin ós mortos de mutos que cayerab nas valiñas ye ucedos, onde fora a refrega.



Cantaban por haber feito manter os sous homes ye montes na eterna Verdad ye na Libertad .

Ofreceron a Vitoria as pedras do Castro, ó Encinal, ós paxaros da Valiña, as terras do Noguedo, as nogáis dos Entralgos, os cireixos da Costa, as augas da Lameira, a todo o que mantiña nos sous peitos nobles as forzas da Terra ye que guiaban polo camín verdadeiro dos Druidas.

Cantando baixaron hasta máis aló dos prados do Pedragalón levando o lombo os que cayeran. Fixéronlles a despedida ye pousaron os sous corpos no Burbia sagrado pois así volvíanllos a Terra en forma de pedriñas de ouro. Ye sabían que o sou recordo duraría por sempre como perduran aquelas máxicas augas eternas.

Ye todo o pueblo xuntóuse esa noite o redor dunha lume, dunha gran fugueira ye, drento dun corro de pedras enormes , fixeron as honras os guerreiros que tarían por sempre no recordo das tribus .

Itug, o bardo guerreiro taba direito no medio de todos.

Eilí entre os sous irmaus, xentes sin medo nin ataduras, debaixo dun Cielo de estrellas , o Xenio dos celtas apodérase dél.

Itug colle a gaita ye mentras déla saían as notas divinas cantou:

Veño de lonxe ye traigo conmigo

Todo o que foi

Dende antes do alento primeiro.

Como o vento no medio do monte

Cama atopei ye quente comida.



Mismo eilí a fría Noite

fáime o millor dos queridos

Pois nin a sombra máis negra

pode tapar os mais sacros secretos.

Soyo o mazo que escacha o aceiro das fortes cadeas,

Soyo a cacha sagrada

Que invoca o fumeiro que brota do lume.

Soyo a mau do guerreiro, soyo o alto invisible

desde onde abalánzase a aiga

a conquista do cielo

Soiche Lugh, o Esprito mairande

e quen pérdese en min

atopa o Universo