martes, 9 de septiembre de 2014

"Hay una fuente en Quintela

Que nace al pie de un castaño
Quien bebe en la cruz de agosto
Se casará en la de mayo


A fonte da xana.(Primeiro cacho)
Foi  nos anos do século oito cando naceu a primeira monarquía da península que comenzóu en Asturias, e que avanzóu polas terras do que oxe é  Lugo e León. O primeiro rei foi  un lacazán folgazán que chamábase  Mauregato. Con él fixeron un trato os mouros pra que lles dera  un cento de mociñas doncelas cada ano polo vrau. Mais tiñan que ser das máis feitiñas de todas as comarcas do pais.

  Tiña Mauregato na Somoza de Ancares un  encargado que chamábase  SINDO  e que lle deran o traballo  de atopar dúas docenas de mozas pra que dentre ellas escollera o Mauregato as mellores o sou gusto.

SINDO encargóu os sous guerreiros que foran polas aldeas  e colleran as millores mozas que atoparan. Logo él quedaríase as que lle parecera ben pra levarllas o Mauregato quen daríallas ó Califa de Córdoba  pro sou harén de mulleres cristianas  do Generalife na Granada andalusí.

Chegaron os soldados  a Medina Benismail,  que era cómo chamaban naquel entonces os mouros a Vilar,  e pararon na primeira casa que atoparon e que era dunha familia que tiña unha filla de nome Celinda moi ben feita e moi lista que taba lavando no riu cerca da ponte denbaixo.  Cando Celinda chega a casa e vindo os soldados, que non dixeran que viñan polas mozas, púxose a cantar e bailar diantre deles e tiña tal xeito de grácil  encanto que os mouros quedaron namorados  das súas mutas prendas.


Xa Celinda adivinou  as intencióis dos mouros, e pensou denredalos co conto de que quería ofrecerlles  un baile especial e mellor sólo pra eles solos. Mais tiña que facelo no prado das Liñares  de noite e a luz da lúa . Saíron todos os soldados  pois era xa noite, e Celinda díxolles que esperaran quietos e quediños  que ela iba buscar o mellor sitio pra o misterioso baile. E foi a escape atravesando o riu polo banzado  e escondeuse  entre os ramallos o pé da fonte da Pontiga.
Taba  eilí Celinda xunto a  poza que fai a cascada  cando sentiu que a xamaban polo nome:

-Celinda si queredes deixar de pagalo tributo das 100 mozas o rei mouro, téis que facer o que eu te diga: Téis que ir a fonte de Quintela a estoupalo pozo da Lameira  e unha vez baleiro tapalo outra vez. Logo o pé dun castañeiro verás un xenio con forma de home  e téis que pedirlle que te dé dos ourizos. Botas un  no pozo cheo e colles o outro e tráeslo  eiquí onde min. En canto o botes   na poza   tú quedarás convertida nunha xana miña  desta fonte  da Pontiga e poderás librar toda a Comarca  do compromiso do Mauregato.
(Continuará)